Deporte galego en galego

Náufrago sacou o tema e como non lle podo facer un comentario – problema da técnica, supoño-, decido anotar eu isto.Comentábase alí a envexa que xurdía ao ver os modos de facer no Barcelona: comentábase mesmo o caso de Beguiristain, que nada máis chegar a Barcelona decidiu buscar onde aprender catalán ( o mesmiño que […]

A final da Champions

Hoxe vai estar medio mundo vendo o que pase en Roma na final entre o Barcelona e o Manchester United. Medio mundo e non esaxero: o deporte converteuse no maior espectáculo universal destes tempos, e de entre os deportes domina o fútbol, a pesares da súa escasa implantación nos USA e do seu lento acordar […]

Murcia. Periplos galaicos

O Murcia volveu por Vigo para empatar ao Celta na derradeira xogada do partido. A etapa Eusebio está sendo triste.Xustamente o Murcia tivo o bo gusto de escoller Mondariz Balneario o pasado mes de agosto para facer a pretemporada.Mondariz Balneario adoita ser escollido sempre por algún equipo: en anos anteriores fora o Elxe. Ben, o […]

Bilingüismo

Bilingüismo, ou sobre a imposición do catalán.“En Cataluña el español está perseguido, como viene denunciando reiteradamente…”

Pontevedra e os feixóns

Escoito na Radio Galega unha agradábel charla entre Paco Carreira e Manuel Vicente, de Efervesciencia, que explica que nestes días Pontevedra é a capital mundial dos feixóns.Despois dunhas consideracións teóricas sobre o phaseolus vulgaris e a importancia dos metais (magnesio, zinc) no mantemento da cor verde das legumes, decátome que teñen razón, dende o 1 […]

Fonseca, actualización

Retomo o fío do exposto sobre o futuro Premio Fonseca.A vantaxe de ser de letras é que non estás sobreinfluído polos teus coñecementos, e neste caso, que se valora a divulgación, a opinión dos legos é tan importante coma a dos expertos.Aproveito o consello de Benxa para sacarlle puntos a Lynn Margulis, segundo el demasiado […]

“E incluso chegando as 300 persoas”

Escoitado ás 12:00 horas do domingo 17 de maio, no informativo da Radio Galega. Naquel intre eu estaba pasando pola peaxe da autoestrada, cincoenta coches, aproximadamente, retidos. “Pois xa empeza esto a estar bastante animado. Xa son máis de duascentas , e incluso chegando ás trescentas persoas as que se están concentrando nesta alameda compostelá, […]

Premio Fonseca

A primeira edición do Premio Fonseca, instituido pola Universidade de Santiago de Compostela foi todo un exitazo: Stephen Hawking converteuse nun acontecemento social con repercusión en todo o Estado.Os meus maiores parabéns ao eficaz profesor Jorge Mira.Superar – igualar – o acontecido na primeira edición vai ser imposible, pero teño curiosidade por saber quen vai […]