Final da Copa do Rei

Os celtistas – e menos eu – non esquecemos que hoxe hai oito anos o Celta perdeu a final da Copa do Rei contra o Zaragoza.Seguindo unha penosa tradición, os equipos vigueses que chegan á final da Copa de España perden os encontros contra os rivais que vesten de branco: R. Madrid, Sevilla e Zaragoza […]

Cando cabalgas un tigre…

Cando cabalgas un tigre non debes baixarte del.Coñecedor do refrán, o Presidente Alberto Núñez, non baixa da fera.O felino axudoulle a abrir as portas de Monte Pío, na gadoupa esquerda os coches alemáns e na dereita a imposición do galego peso pluma asoballando ao pobre castelán peso pesado.A demagoxia dos Audis e a mentira da […]

Enderezo descoñecido

Ata hai unha semana non escoitara falar de Kressmann Taylor, a autora de “Enderezo descoñecido” (Ed. Xerais). O tamaño da obra, pouco máis de sesenta follas, axudoume a me decidir acometer a lectura desta pequena pero estarrecedora obra mestra, que recomendarei de agora en adiante.Polas dimensións máis tamén polo sorprendente e acaído final, “Enderezo descoñecido” […]

Lectura obrigada

Coronoume ler nun xornal o artigo perfecto: veraz, lúcido e elegante. O autor adoita facer cousas semellantes de calidade, pero este é de lectura obrigada: atento ao tempo, o día antes do remate da recollida da enquisa calote.Cando o barullo destes días amaine previa á tormenta definitiva preguntarémonos: “canta estupidez podemos aturar?” E mentres, os […]

Ovacións

Pensando en facer a anotación anterior, e ao fío dos conselleiros de cultura, non puiden menos que lembrar o día que a aula Magna de Dereito foi o espazo onde se produciu unha enorme ovación cando entrou nela Alejandrino Fernández Barreiro, recén nomeado Conselleiro de Cultura con Fernández Albor. O homenaxeado, por vez primeira, ensinou […]

Mal día

E aínda é susceptible de empeorar. 06:45 hs: Por que a noite pasa tan rápido? 9:00 hs: Unha encomenda amablemente pedida por min, e amablemente aceptada, vaise adiando e adiando. Ninguén ten culpa, pero mecachis na mar 10:00 hs: Un funcionario que tería que se limitar a remitir uns datos, nugallanea facendo preguntas de imposible […]

Dúbidas

Teño dúbidas sobre a “consulta ás familias sobre a utilización das línguas no ensino non universitario de Galicia Consulta a las familias sobre la utilización de las lenguas en la enseñanza no universitaria de Galicia. Primeira: Temos dous nenos na escola, ¿cantas “consultas” podo cubrir? ¿Dúas, unha por neno? Segunda: Por cada neno, ¿podemos cubrir […]

Tiresias no metal de Vigo

Os que acreditamos no dito dos ciganos: “preitos teñas e os gañes”, andamos na procura de puntos de encontro que poidan evitar conflictos que fan perder as dúas partes. Por mor da miña – modesta – experiencia protagonizando discusións simbólicas en estrados, escoitando e lendo sentenzas xudiciais, estou certo que a presenza ante tribunais é […]

Unha educación europea

Na miña infancia, antes da adolescencia, lin un libro que me impresionou moitísimo e que nunca volvín reler de adulto: “Unha educación europea” de Romain Gary.Nárrase a triste historia dos partisanos polacos na Segunda Guerra Mundial, particularizada nun rapazolo que descobre de vez a crueldade e estupidez dos adultos e ao tempo aínda conserva a […]