Hoxe, un poema

Hoxe presta a poesía de Celso Emilio Ferreiro: Olla meu irmao honradoo que acontece con Daniel,os que o tiñan desterradoagora falan ben del. O palurdo de alma lerdao tendeiro desertor,o vinculeiro da merdadisfrazado de señor. O lurdo carca refritoo monifate de entroido,o aprendiz de señoritomarqués de quero e non poido. O badoco endomingadoo franquista pousafol,o […]

Da Alba da Groria

Así remata a inmortal Alba de Groria, de Castelao.Ben lembrada por Vieiros, e recollida en Chuza. “Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de […]

Exercicio de estilo

“A propósito dunha “carta ao director“ “Produciume asombro e medo a visión dunha grande culebra antonte pola mañá ben cedo polos montes de Sabadelle, cando ía co maior dos meus curmáns na pescuda das lindes dun monte seu, nunha operación consciente e planificada grazas ás ferramentas informáticas do google earth e máis a oficina virtual […]

Primperan

Son perito en Dalsy, Junifen e Apiretal. Sei a posoloxía correcta dependendo do peso do doente. Na nevera agardan o seu turno, dende hai meses, supositorios de paracetamol. E aínda, de cando en vez, teño que subirme á banqueta na procura do Primperan.Grande xarope o Primperan, do que debín tomar eu ducias de litros cando […]

Acórdome

(Vía Besbe) Acórdome de empurrar polo corredor o carro da tele para que a poidera ver a miña avoa na habitación do fondo, que estaba enferma. Acórdome da miña avoa morta no cadaleito na habitación do fondo. Faltábanme dous meses para cumprir os tres anos e axexaba dende a porta. Á esquerda, sentado nunha silla […]

Apuntes (breves) dun goberno perdido.

O pasado sábado 18 de xullo (aniversario, por certo, do glorioso día no que recibín a primeira paga como traballador por conta allea), o xornalista de El País Juan L. Cudeiro facía unha pregunta retórica ante o público asistente ao Seminario sobre Comunicación e Deporte, pertencente á Universidade de Verán 2009, organizado pola Fundación Azkar […]

Enriba do coche

A viaxe duraba dúas horas: saíase de Vigo pola Avenida de Madrid e subíase pola Acelerada ata o Meixueiro. No Porriño pasabamos por riba dunha ponte que deixaba abaixo ducias de caravanas. Antes de Fontefría pasábase polo medio da Lamosa, e xusto antes da Cañiza había ao fondo dunha recta e antes dunha curva á […]

Estado de lecturas

Fago balance do pendente, segundo o previamente anunciado:a) Informe Lugano, de Susan George: segue na cola.b) El espejismo de Dios, de Richard Dawkins: rematado. Non acadará o obxectivo proposto polo autor de diminuir o número de persoas crentes en relixión algunha, pero agradécese o esforzo, o rigor e, cando cadra, o intento de divulgación. Recomendable.c) […]

De churrerías e xardíns

Mentres eu pasaba catorce horas ao día, sete días á semana, na praia de Palma alugando velomares, tumbonas e hamacas, os mellores amigos que deixara na Galiza traballaban a súa vez nas noites de verán na churrería de Nacho Galiano, indo de romaría en romaría, de verbena en verbena: Coia a San Roque, Peregrina ao […]