O baile dos vampiros

Paseino moi ben, hai xa tempo, vendo “O baile dos vampiros”, película dirixida por Roman Polanski. Chinatown, despois, foi tamén unha grande película, digna herdeira do arte de John Huston, de Howard Hawks. Hai barullo estes días porque seica apreixaron a Roman Polanski en Suíza, por mor dunha vella orde de detención a causa de […]

Verdello rubio

Ao solpor aparezo por Velle e alí, na adega, miña curmá está a pisar os poucos acios de verdello rubio que foron recolleitos este ano. Miña tía, sentada, vainos botando dende os caldeiros. Eu, na volta a tres décadas atrás, agáchome a apañar os bagos que aparecen no chan.Saio ao Campo e ollo, con infinita […]

Criterios de utilización dos cartos publicos no deporte galego.

Acreditamos que nos tempos que corren, ben despacio, resultou unha farsa o intento propagandístico do actual goberno galego de vender as súas decisións como “técnicas”, “austeras” e “desideoloxizadas” (verba aproximada na excelente versión do aínda conselleiro Vázquez Abad).O deporte galego non é alleo a isto. Os nomeamentos dos altos cargos foi unha evidencia da carencia […]

Tres políticos

Na agarda da sentencia do TC sobre o Estatut levo tempo pensando sobre as consecuencias ( e os antecedentes, dos que falarei no seguinte post) e de cando en vez volven aparecer na cabeza os nomes de tres políticos conservadores, que tanxencialmente algo teñen que ver con todo isto, e que me retrotraen a miña […]

O país invisible

Están ao carón noso, pero non os vemos. Portugal non existe. Hoxe está o país do sul do Minho saloucando por sete rapazas mortas nun accidente na estrada de Penafiel, mentres na España ninguén sabe que lle pasa ao veciño humilde… ninguén quere saber.Unha rápida pescuda polos xornais dixitais de Galiza, Madrid e Barcelona deixan […]

Dean Martin

Dean Martin é un dos meus actores favoritos: sempre está ben e cando menos, en dúas ocasións, sublime: “Kiss me, stupid”, de Billy Wilder, onde realiza unha desacomplexada autoparodia, e “Rio Bravo”, cunha interpretación chea de matices.Hai un motivo máis importante: cáeme fenomenal e penso que foi no seu tempo minusvalorado e hoxe prematuramente esquecido.A […]

Coruñés de pro

De seguido, nesta ligazón, a biografía dun coruñés de pro, en palabras ben representativas de Carlos Negreira, parlamentario galego e concelleiro coruñés.

Centro de Subnormales

Hai tempo que vexo con bos ollos Ourense. Cando non fai calor de máis é agradable ir pola rúa do Paseo, onde unha rapaza con facións eslavas toca no seu violín a música de Morricone para A Misión; ou chegar a praza onde está a estatua do Padre Feijoo, ao carón do quiosco de améndoas […]

O Bispo

Nunha moi interesante obra o dominico Jacobo de Cessolis utilizou o xadrez para argumentar a conveniencia da inmobilidade das clases sociais. No opúsculo, Liber de móribus hóminum et de officiis nobílium súper lúdum scacchórum, ( traducido en 1549 polo licenciado Reyna ao castelán co título Dechado de la vida humana moralmente sacado del juego del […]