(Con) fusión

Escoito na radio, perplexo primeiro e indignado despois, as verbas de Alberto Núñez, presidente de Galicia, que sinala que a responsabilidade do que resulte do problema das caixas de aforro galegas será de tódolos axentes sociais implicados. Ese xeito de escorrer o vulto, de non querer asumir os custes das decisións que por causa do […]

Fede

Farto estou do ambiente ao noso redor. Farto dun goberno que só adica esforzos en deconstruír o feito nos tres anos anteriores. Farto do pouco sentido de país que temos, absortos en localismos estúpidos e da falta dun proxecto estratéxico común: fago listaxe: Alvedro e Peinador, Porto exterior da Coruña, Cidade da Cultura, Facultade de […]

Alemania 1974. Cruyff

Alemania 74.Campión: Alemania Occidental.Mellor xogador: Johann Cruyff. Unha das miñas primeiras lembranzas futbolísticas (televisivas) remóntanse á fase de clasificación para o Mundial 74 de Alemania, da Alemania Occidental, que se dicía daquela para a diferenciar da Alemania Oriental ( ou autodenominada “democrática”). Un día, a volta do colexio polo mediodía, vin que na televisión botaban […]

Alakrana. Ideas rápidas

Unha das frases que maís me gustan de Álvaro Cunqueiro, e non me gustan poucas, foi dita cando o grande escritor mindoniense estaba a cotío embarullado no balbordo ocasionado polo seu traballo como director do Faro de Vigo. Dixo: gostariame dirixir un xornal que saíra á rúa unha semana máis tarde de acontecidas as noticias; […]

Receitas de Mel

1. Canapés de mazá Ingredientes:- 6 galletas de avea- 1 mazá grande- Zume dunha laranxa- 100 gr. de nata- 6 culleradas de mel- 250 gr de fresas Prepárase así:Enriba de cada galleta débese deixar partes de mazá humedecidas en zume de laranxa. Encima vérteselle a nata previamente misturada de mel, embelécese de fresas e arrefríase […]

Esperanza e Experiencia

En días consecutivos falo con Fernández (amigo de vello, fora o encargado de me chamar a Mallorca para dicirme o resultado da selectividade) e con Gómez (fillo da miña curmá), e ámbolosdous comunícanme a supremacía da esperanza sobre a experiencia: van volver casar.Eu teño unha posición clara sobre o tema, máis aínda despois de ter […]

Cáceres

Mentres o corpo de Fernando Cáceres loita por vivir non podo menos que lembrar a un dos compoñentes do mellor Celta da súa historia. A primeira temporada de Víctor Fernández deixou un equipo ben sabido: Dutruel; Salgado, Cáceres, Djorovic, Berges; Mazinho, Makelele; Karpin, Mostovoi, Revivo; e Penev. Con minutos tamén estaban Tomás e Sánchez. Durante […]