Atlético de Madrid

Hoxe o celtismo volve ter de goleiro das súas ilusións ao Atlético de Madrid, equipo que patentou a imaxe mercadotécnica de “pupas” por riba doutros conxuntos máis merecentes dela, coma o noso.As miñas primeiras lembranzas futbolísticas van asociadas ao Atlético de Madrid, principiando por unha semifinal da Copa de Europa contra o Celtic de Glasgow, […]

Shakespeare para ignorantes

Limiar: Shakespeare é un valor seguro cando falamos de teatro porque o bardo de Stratford on Avon é probablemente o escritor máis importante da historia da literatura universal, atendendo a audiencia conseguida, a influencia en escritores posteriores, e por suposto polas cualidades das súas obras. A súa dramaturxia vai percorrendo todos os xéneros, e en […]

Ponte

Descoñezo todo de José Manuel Ponte, agás que é o pai dunha guapa modelo, e que escribe de marabilla. Un exemplo.Causas para ler o Faro: Buscar os artigos deste Ponte, de Ferrín, de Millás e de Armando Álvarez (hai anos, os de Rolland); as esquelas (Deus, que vello me estou facendo) e os deportes. Ah, […]

De bandeiras

Estiven onte no Obradoiro, engadindo a miña voz á protesta contra o rascuño de decreto contra o idioma galego. Cheguei cando xa a praza estaba chea e cruceina, con dificultades, ata a zona do palco na procura da familia (política).Sobre a estupidez do goberno xa houbo moitos que falaron, e falaron ben. E tamén hai […]

(In) fusión

Para facer unha infusión a auga ten que ferver, e a boa fe que arestora ferve. Dous estilos ben diferentes de xornalismo. Xornalismo? De tódolos xeitos, entre Roberto Blanco Valdés ( pódese trocar o nome por tantos outros do mesmo xornal) e Ceferino de Blas, prefiro a éste último. Prefiro que non me anden con […]

María Z.

Non sei por qué me lembro tanto dela nestes días de inverno. Posiblemente porque xa van dez anos, creo. Entereime por casualidade, lendo as últimas páxinas do Faro na cafetería que está enfronte de Follas Novas, na esquina, perto da Praza Roxa, unha tarde antes de ir traballar. Nunha familia numerosísima era a irmá maior […]

Universidade de Vigo

Cando eu era mozo, ( non hai tanto tempo, creo) puxéranse de moda uns autocolantes nos cristais traseiros dos coches de Vigo que sobre un debuxo da Ponte de Rande dicían algo como: “por unha universidade para o Sur de Galicia”. Dato importante: para o Sur de Galicia, enténdese para as provincias meridionais, sen capitalizar […]

Conto de inverno

Entérome da morte de Eric Rohmer vía internet. (Para que logo digan que non é medio de comunicación). As súas películas parecíanme marabillosas polo sinxelas que parecían, pola humanidade que amosaban; e todos sabemos o difícil que resulta que unha obra artística semelle doada. Fican as súas películas.

Reis Magos

Como non debín ser demasiado malo o ano pasado os Reis Magos deixáronme unha mochila, dous pixamas, unha bonita camisola de Vicky o Vikingo, catro camisas azuis (mágoa de non seres iguais as catro) e cinco libros: un sobre técnicas do meu traballo, outro de Eduardo Galeano lido hai tempo (Las venas abiertas de América […]