Horas posteriores

Dicía onte que pensaba que hoxe íame deitar ledo. Aínda dáballe creto a vellas verbas: memoria, lealdade… Que pouquiño sabedes.Contáronme hai moi pouco a historia. Eu non a coñecía: vivía lonxe de Compostela, física e mentalmente, estudando o bacharelato. Seica no 1984 houbo tres candidatos a reitor da Universidade galega. O conservador Miguel Ángel Ríos, […]

Horas previas

Escoitei aos outros dicir que estaba xa feito. Sentín a unha das nosas razoar o seu pesimismo, mentres que un dos nosos entregaba os cálculos do seu optimismo. Os máis curtidos dicían: empate agora, hai partido.Dos cinco que perderon o 5 de maio, catro recibiron votos progresistas. Resístome a crer que vaian escoller a opción […]

Palabras para Julia

A pasada noite actuou en Vigo Paco Ibañez: exemplo digno das cousas mais importantes.Cando escoito da súa voz como canta o poema de José Agustín Goytisolo: “Palabras para Julia”, non sei por que, pero asómanseme pequenas bágoas baixo as pálpebras. Nota persoal: O día das vodas de ouro dos meus pais e tíos (das seis […]

Comentario de texto

Padezo soños recorrentes nos que me notifican o suspenso na Selectividade por sacar un cero no exame de Física. De nada valen as miñas protestas aducindo que eu escollín a opción de letras e que por conseguinte non tiña porque me examinar de tan misteriosas materias.Mágoa de que o tribunal examinador non se fixara con […]