Shell Oil Junior

Tras unhas gafas de pasta e aspecto inocente o pícaro Joe, convertido en Shell Oil Junior, conseguía o mais prezado dos tesouros: Sugar Kane Kowalczyk. Tamén recoñeceu, convertido en Antonino, que o seu padal gostaba por igual das ostras e dos caracois.Traballou moito, mesmo de vello, pero lembraremos a súa etapa gloriosa, magnífica.

Carlos Elordi

Xa non se escoita a Carlos Elordi nas mañás radiofónicas da SER. Mágoa. Irei na súa procura por onde esté porque no medio do barullo indocumentado tan frecuente a súa voz era un oasis de sensatez.