Inzar

Aconteceu na autovía de Vigo a Ourense ao paso por Ribadavia. Conducía eu e meu pai ía ao meu carón. El xa pasaba dos oitenta anos e guiábame cara Velle porque me quería amosar – sen máis tardar – os seus predios. Eu levaba un GPS comodado por un cliente do despacho, piloto de aviación. […]