Inzar

Aconteceu na autovía de Vigo a Ourense ao paso por Ribadavia. Conducía eu e meu pai ía ao meu carón. El xa pasaba dos oitenta anos e guiábame cara Velle porque me quería amosar – sen máis tardar – os seus predios. Eu levaba un GPS comodado por un cliente do despacho, piloto de aviación. A rentes da estrada, alí en Ribadavia, medraban, feraces, centos de acacias. Anoxábanlle e dixo: “Medra unha e inzan por centos”.
Meu pai usaba con precisión o verbo inzar. Non falaba moito. Era severo. Entendín que a acacia non era a súa pranta favorita.

Este último fin de semana rematou o seu camiño a organización Inzar. Xesús Veiga Buxán explicou con sinxeleza e certeza as causas da disolución. Vendo as imaxes descubro que moitos dos presentes nese acto de despedida son coñecidos meus e mesmo algún amigo de vello. E recoñezo a veracidade das verbas de Veiga Buxán cando descrebe ao seu grupo como non sectario e con preferencia ás accións cooperativas fronte as competitivas.

Para min Inzar era algo máis: tamén a organización onde militaban as rapazas máis guapas – e riquiñas – das que ían polo Atlántico e Tarasca. Eu – que tamén fun riquiño (mesmo de máis) – ollo o video e xa sinto nostalxia.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*