Enderezo descoñecido

Ata hai unha semana non escoitara falar de Kressmann Taylor, a autora de “Enderezo descoñecido” (Ed. Xerais). O tamaño da obra, pouco máis de sesenta follas, axudoume a me decidir acometer a lectura desta pequena pero estarrecedora obra mestra, que recomendarei de agora en adiante.
Polas dimensións máis tamén polo sorprendente e acaído final, “Enderezo descoñecido” vai deixando un recendo semellante as pequenas historias de Somerset Maughan que tanto me gostaban.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*