Deporte galego en galego

Náufrago sacou o tema e como non lle podo facer un comentario – problema da técnica, supoño-, decido anotar eu isto.
Comentábase alí a envexa que xurdía ao ver os modos de facer no Barcelona: comentábase mesmo o caso de Beguiristain, que nada máis chegar a Barcelona decidiu buscar onde aprender catalán ( o mesmiño que eiquí).
E mesmo antonte coronaba escoitar a Guardiola respostar en Roma utilizando con fluidez o castelán, o catalán, o inglés e o italiano.

Imos retrasados, pero hai quen se move. O 3 de febreiro deste ano a Fundación Azkar – un magnífico exemplo para todos os galegos – xunto á Vicerreitoría de Cultura da USC, dirixida por Elías Torres Feijó ( que hipotético magnífico conselleiro de cultura perdimos todos o 1 de marzo ), fixo un acto no que constituían o foro “deporte galego en galego”, para “promover e fomentar o uso do galego no deporte”.

Coróname tamén ollar na listaxe de sinaturas a xente á que admiro tanto como Jorge Mira ou Carlos Blanco ou Ezequiel Mosquera ou Xosé Luis Veiga ou Iván Salgado ou Javier Gómez Noya, e tanta xente máis que asinou ou que de certo asinarían de boa gaña.

Fan falla máis iniciativas coma esta.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Deporte galego en galego

  1. Ademais de facer falla máis iniciativas, tamén fai falla publicitar máis iniciativas positivas. Non creo que sexa nada bo que andemos sempre a falar do galego con malas novas ao redor (ainda que comprendo que sexa así, posto que son moito máis numerosas), tamén debería haber máis comunicados deste estilo: pequenas boas novas que nos animen un pouquiño (que falta nos fai, non si?).

    Saúdos
    Larvós
    http://www.blogoteca.com/oantiblog/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*