Ortiz

Entérome da morte de Javier Ortiz xusto antes de xantar, ás tres da tarde, cando o amigo B. ofréceme as súas condolencias polo que sabe vai ser do meu desagrado. Entristéceme o día enteiro, e o chegar a casa á noitiña, mentres o Barcelona non é capaz de furar a arañeira do Chelsea, pescudo na internet as malas novas sobre a morte dun xornalista exemplar: honesto e insobornable, valente ( triste época a nosa, parafraseando a Dürrenmatt, cando a valentía non é máis – nin menos- que dicir o que se pensa ).
Porque Javier Ortiz pensaba, e pensaba moito e despois falaba. Era unha voz distinta e intelixente, razoada e razoable.
Dende onte perdimos para sempre unha perspectiva valiosa de ver as cousas (públicas), e non andamos moi sobrados delas.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Ortiz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*