Arcaico o tempo. Paulino Vázquez



Saio da Praza do Toural cun agasallo na man, xentileza de Fausto Isorna. Trátase do libro editado por Galaxia: “Arcaico o tempo que respira”, poemario do amigo Paulino Vázquez.
Na casa, polo serán, escollo ao chou un poema, e a ouvinte exclama: Qué bonito!
Coñezo a Paulino dende hai moito tempo, temos en común unha aproximación respectuosa polo xadrez e a min, a maiores, atráeme da súa figura, do seu personaxe, unha extravagancia peculiar pero moi auténtica, de seres un home con ideas propias e razoadas, aínda que a min me parezan contrapostas. Supoño que ten máis cousas en común con Otero Pedrayo das que él pensa, e non só a paisanaxe ourensá. Fanático de Sterne e de Elliot, moitas noites chegaba ao Atlántico co volume de Tristran Shandy para reler mentres agardaba a súa quenda de entrar a xogar a partida rápida de xadrez.
Na foto pódese ollar a Paulino interesándose polas explicacións que imparte o xenial Ljubomir Ljubojevic recén terminada a súa partida – con derrota – contra o holandés Jan Timman do torneo de Linares do ano 1992.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Arcaico o tempo. Paulino Vázquez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*