Doping tecnolóxico

Hai bastante tempo que apareceron en min dúbidas sobre o que debe aparecer na definición de doping punible polas autoridades deportivas, como consecuencia das sancións impostas a deportistas polo consumo de sustancias que non tiñan vinculación algunha coa mellora artificial do rendemento deportivo. Refírome aos casos de Deferr en ximnasia, Domínguez ou Hingis en tenis, mesmo Maradona…
O consumo de drogas recreativas poderá merecer as cualificacións que cadaquén estime oportunas, e incidirá na visión que dos deportistas implicados tiñamos aos efectos de paradigma diante a mocedade, pero iso non debe colixir unhas sancións no ámbito deportivo sen máis xuízo.

Nos pasados xogos olímpicos púxose de moda a expresión “doping tecnolóxico” para referirse ao extraordinario efecto que provocou na baixada de tempos a utilización do bañador LZR da marca Speedo. Este fin de semana outro bañador, os Jaked, provocou incribeis marcas en nadadores españois, capitaneados por Rafael Muñoz. Hai posicións frontalmente opostas sobre o uso dos modernos bañadores… Santiago Segurola fala de situación gravísima e de que a natación corre o risco de se perverter como deporte. Eu anticipo a miña posición a favor, porque sen entrar en cuestións máis de fondo, e sendo prácticos, a prohibición da investigación sobre os bañadores de alta competición só rematará cando sexa obrigatorio nadar espidos.
Alternativa que, por outro lado, ao mellor merecer ser tomada en máis consideración.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*