Xogos populares: a) A billarda

A billarda:
Xógase con dous paus, un diles curto e ao que se fan puntas nos dous extremos, que é o que recibe, propiamente o nome de billarda, e outro, bastante mais longo e recto, que se chama o palan. O fundamental do xogo consiste en pousar a billarda no chan, en baterlle co palan pra que choute, e cando está no ar, atinarlle con forza cun novo golpe pra lanzala o mais lonxe posibele.
As regras do xogo, atal e como se practica en Velle, son diste xeito:
Ríscase na terra ou deséñase no enlousado un rectángulo e póusase a billarda dentro díl. Os que van tomar parte no xogo lánzana o máis lonxe que poden. Se son dous ou tres, clasifícanse asegún a distancia acadada no tiro, e se son catro e van de compañeiros, o que fixo millor tiro tén dereito a quedarse co compañeiro que lle conveña, razón pol-a coal díse que se tira a escoller.
Feito isto, o que ocupa o lugar preferente lanza a billarda e o que lle sigue en orde canea a buscala, e dende o sitio mesmo en que caíu bótaa contra o palán, que pro caso póusase no centro da raia que atravesa o rectángulo. Se atina a bater no palan ou a meter a billarda no rectángulo, é il o que tira o primeiro e o outro pasa a segundo lugar.
Cada tirada dá dereito a bater por tres únicas veces na billarda. Os golpes que fallan, por impericia ou por pouca sorte, cóntanse o mesmo que se atinan a xeito, e ao rematar, o que tirou pide os tantos, que se valúan pol-a distancia a que queda a billarda do rectángulo, servindo de unidade de medida o palan. Se o contrario confórmase co pedido pronunciando a palabra lévaas, séguese a tirada; se non mídese, e se o pedido pecou por exceso é causa de perda do direito a seguir tirando. O facer menos de 10 tantos obriga tamén a abandoar a tirada, que soio volve a reanudar o perdidoso cando o contrario perde a súa vez.
Outro procedemento de sumar tantos é o da chapadeira, pol-o que se consigue un tanteo de 110 se se chega a agarrar a billarda cando vai pol-o ar. Os partidos concértanse a un número variábele de tantos e gaña, como é lóxico, o primeiro que os fai.

Parroquia de Velle.
Seminario de Estudos Galegos. 1936.
Autores: Florentino López Cuevillas, Vicente Fernández Hermida, Xoaquín Lorenzo Fernández.

A billarda.

Outras denominacións: Birlo, cano, cepo, chena, escanícula, estornela, lipe, rebola.

Descrición: Fundamentalmente o xogo consiste en guindar un pau pequeno – a billarda – o máis lonxe posíbel, apostando posteriormente sobre a distancia que se alcanzou co lanzamento. É un xogo de puntos onde gaña quen primeiro acade os estipulados inicialmente.

Desenvolvemento: Como elementos de xogo temos:
O palau ou palán: pau non moi groso, recto, duns 60 cm. Con él lánzase a billarda e serve ademáis para medir logo a distancia á que se mandou.
A billarda: Pau máis estreito ( entre 20 e 25 cm.), coas puntas afiadas para que salte do chan ao golpear nelas o palau.
O reinado: Círculo feito co palau no chan ao xirar sobre si mesmo un dous participantes.

E xa no xogo, colócase a billarda no reinado e o primeiro xogador ou xogadora ( dono do palau), pícaaa nun extemo co palau; ao saltar a billarda, procura darlle un forte golpe, tamén co palau, para guindala o máis lonxe posíbel. Despois, o segundo participante, desde o lugar onde quedou aquela, ten que tirala coa intención de darlle ao palau, pousado no reinado (pódese colocar en posición perpendicular ao sitio desde onde se guinda a billarda); se o consegue, intercámbianse os papeis dos xogadores e xogadoras, é dicir, quen xogaba en segundo lugar pasa a ser dono do palau, comezando de novo o proceso.
Se o segundo xogador ou xogadora non lle atina ao palau coa billarda, deixándoa lonxe do reinado, quen ten o palau xa lle da alí mesmo o primeiro toque para guindala aínda máis lonxe e alí onde caia, debe volver a golpeala por segunda e terceira vez. Finalmente, calcula a ollo a distancia onde se atopa o reinado e pide os palaus que cre que hai. Cando o compañeiro ou compañeira no xogo está de acordo, anotan os tantos e seguen xogando. Se non se poñen de acordo hai que medir palau a palau, operación que poden repetir e comprobar ambos os dous. E se hai menos de dous palaus pedidos, perde, anota os tantos o outro compañeiro e o palau cambia de mans.

Xoga en galego.
Federacións de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. 2007
Autores: Fran Varela e Comisión Galiza de Federacións de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Xogos populares: a) A billarda

  1. I’m truly enjoying the design and layout of your site. It’s a very easy on
    the eyes which makes it much more enjoyable for me to come
    here and visit more often. Did you hire out a designer to create your theme?
    Superb work!

    my web blog: Yasmine Berezny

  2. Microwaves set off farther initial heating as opposed to
    what different types considering that the short wave ovens penetrate
    non-conductive dry up ingredients surface of traditional diet.
    Monday- cheeseburger, part of cashews, on top of that platform desert spoon
    among omega3. This key fact emission stimulates
    the filtered water substances by using foods which causes the food item on
    heat up. And it again! Sole Food items: Results in Step 4 pre-set moment
    options to prepare yourself thier food during the the most effective suitable times.

    Also visit my homepage – Victor Keefauver

  3. Overcooked bass will obviously not have the moist portion that
    may brings things that actually like a good solid delicious foods.
    Have a very journal for a couple of many months of everything cook dinner as part of your
    tandoor. You have to which the cooker you want to obtain
    will often stand up to a helpful really at
    high point lots of cold weather muscle without breaking.

    my web site Dionne Maradiaga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*