Antes de ir votar

Aproveito un intre antes de ir votar para consignar un par de apuntamentos que despois, no balbordo de números, ficarán esquecidos para sempre:
a) Pro Bugallo: Ánxela Bugallo foi unha notable conselleira de Cultura e Deporte. Áchoa de menos: coido que fixo unha boa xestión en xeral, moi boa no caso do eido deportivo, e desexaría que siguera tendo responsabilidades nun futuro inmediato. Tivo un opositor parlamentario: Ignacio López-Chaves, anteriormente concelleiro de Cultura en Vigo na época de Corina Porro. Tremo de pensar que o Sr. López-Chaves poida chegar a ser nalgures concelleiro de algo.
b) Pero o perigo maiúsculo non é só López-Chaves. Ollo para o deporte e chega con lembrar a época de Lete Lasa e Pilar Rojo para estarrecer de medo. Agardo expectante os resultados.
c) Para os que din que as campañas electorais non serven para nada recoméndolles que de vagar relembren a que ven de rematar. Colocou a cada quen no seu sitio. Condición indispensable: ter varias fontes de información distintas.
d) Nalgúns sitios andan con porras electorais. Eu non son capaz. A miña humana condición de covardica impídeme ata mover os dedos no teclado. Sei que nas votacións de hoxe non se vai ter en conta o traballo realizado no goberno e no parlamento polos tres grupos: moitos votantes adoitan ser siareiros fideis do seu partido, sen lles importar as circunstancias: eche o mesmo que insulten e mintan, son os teus. Pero desexaría, como Cesare, que os seus sobriños e os meus fillos poideran ver o mundo con optimismo, non tiveran que emigrar e poideran vivir nunha terra súa moderna e atractiva, con respecto por se mesma e solidaria cos demais.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Antes de ir votar

  1. Como xogador de baloncesto, seica non era malo. Como xestor público deixa todo que desexar. Non lle nego habilidade como xestor privado, que semellaba era a súa vocación.
    Cando escribo isto faltan vinte minutos para que pechen os colexios electorais. Espero non ter un disgusto que se sume ao Celtiña, que agora vai perdendo 3-0.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*