Vida e arte

Hoxe polo serán escoitaba en RNE unha enquisa feita entre ouvintes da emisora verbo a influenza que poida ter a mala vida dos artistas na valoración que fagamos nós despois da súa arte.
De fondo escoitábase unha canción de Bertrand Cantat, o homicida da filla de Trintignant, que agora volve andar ceibo. O saber que a canción que ouvimos é cantada polo individuo ese, provoca que nos guste menos?
Na reportaxe posterior escoitabamos verbas de Giovanni Papini, de Jorge Luis Borges, de Céline, de Salvador Dalí, de Elia Kazan. Eu podo incluir da miña colleita a xente que admiro artísticamente: John Lennon, Woody Allen, Camilo José Cela ( tres libros nada máis, pero qué marabillas ), e que en troques non considero exemplo a seguir na vida.
A xente que contestaba sobre estas cuestións puña en evidencia a contradicción entre o arte creado e a vida levada. Discrepo, para min non hai tal contradicción senón a constatación da diferenza de dous planos distintos: a arte como ideal e a vida como imperfección absoluta. Nos meus soños non teño miopía, cámpame máis pelo na testa, quince centímetros máis ( de altura ) e quince kilos menos. O espello reflicte un covardica nugallán adicto aos bombóns.
Non podemos ( debemos ) criticar aos artistas – persoas comúns ao cabo – porque a súa arte creada sexa distinta a candasúa historia vital. Porque é distinto querer ser que ir sendo. E porque como moi ben dixo a esposa do prócer, non se poden sumar mazás con peras.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Vida e arte

  1. Interesantísima e estimulante ligazón, amigo Hipatia. E cos exemplos que da, non lle falta razón.
    Tíñase que se animar e dicirnos os seus dez libros favoritos: seguro que anda Elías Canetti na lista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*