Saída, 2ª parte

Un amigo comentábame hai poucos días do malestar non disimulado que entre colegas do mesmo partido (PSOE) e goberno suscitaba un conselleiro da Xunta por unha relación persoal que viña ( ou ven, dame igual para o caso ) mantendo cunha socia enemiga.
A causa da incomodidade é absurda e descrebe ben ( realmente moi mal ) aos maledicentes. Pero o caso non é ese. Hoxe pola mañá lin en dous xornais a ausencia nas listas electorais deste persoeiro. Pode que non teña que ver un asunto co outro. Ou non. Pode que a ausencia non implique esquecemento no caso de ter que recuncar en responsabilidades. Ou non. En todo caso, o que eu pedía no comentario anterior aos da estrela pídollo agora aos da rosa e pedireillo cando sexa o caso aos da gaivota: un pouco de elegancia, por favor; que os ciclos da vida póñennos de vez arriba e máis cedo que tarde de volta abaixo, e se ben é asunto propio dos interesados ter presenza de espíritu para agoantar os debalos non o é menos a necesidade das institucións de amosar elegancia nestas situacións.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Saída, 2ª parte

  1. Un amigo comentábame hai poucos días do malestar non disimulado que entre colegas do mesmo partido (BNG) e goberno suscitaba unha conselleira da Xunta por unha relación persoal que viña ( ou ven, dame igual para o caso ) mantendo cun socio enemigo.

  2. Ao cabo tódalas persoas están feitas da mesma carne, e os vicios, maldades e virtudes valen tanto para os de dereitas convencidos, para os de dereitas disimuladas e para os nacionalistas de toda índole.
    O lamentable para min do caso é o feito de que a xente lle importe con quen se deita o deixa de deitar a/o veciña/o.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*