Pérdense as que van polo aire

Nun periodo moi curto de tempo ( vitalmente falando ) acaecéronme tantas mudanzas que voltearon a vida ( mesmo 360 grados, curioso ) de tal xeito que teño que parar e ver onde estou.
Deixei unha profesión liberal para ter que voltar a ela en non moito tempo. No ínterin estiven tentando ( e conseguindo ) viabilizar economicamente un proxecto deportivo dunha das mais vellas institucións do país. Sufrín excesivamente: a estupidez allea dos pequenos coroneis corruptos de servizos á comunidade; a miseria e os sectarismos – neste último ano – dos que xogan á política e son necios na xestión. Aprendín moito: dereito laboral, protocolo… e coñecín xente estupenda.
En tres anos desapareceron, pechando o círculo, pai e nai e tío da infancia. Agora vexo medrar aos que decidín coidar. E mentres apaño as cereixas do chan penso que esa mesma terra foi a que lle deu alimento os meus devanceiros. Na procura de tempo para ler acho libros perdidos que agardaban por min. Atento, collo folgos. Volvín xogar ao xadrez despois de tantos anos, e non o fixen mal. Empezo a facer deporte, aproveito para ver películas. A vida segue e agora teño unha oportunidade.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Pérdense as que van polo aire

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*