Paisaxes na cidade

Ademáis do skyline das cidades; que tan ben se poden ollar ás chegadas a elas, dende a autoestrada cara Compostela, dende Puxeiros cara Vigo, dende O Viso cara Ourense; e ademáis da textura das rúas e das zonas verdes de cada urbe, unha característica importantísima de cada cidade son as súas xentes.
Hai persoas que pola súa importancia social ou ben o seu cotiá estar na rúa, son parte mesma da cidade, e cando eles faltan, sofre o entorno coa ausencia.
As rúas de Compostela non son as mesmas desde que xa non pisa nelas o xornalista Diego Bernal, ou Guillermo Domínguez ou Constantino García, que nos deixou para sempre hai ben pouco.
Collín e volvín ler “Peneirando palabras” cando souben do seu pasamento, en pequena homenaxe a quen tivo a vocación de ensinar o que sabía.
Non volveremos atopar no Franco a Bernal, nin nas librarías ou xogando ao tenis a Guillermo, nin a D. Constantino polo Campus adiante, e todo vai sendo cada vez máis estrano, menos recoñecible, porque habendo xente nova que ocupa espazos baleiros antes cubertos, nunca se substituen aqueles que foron indo para alá.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Paisaxes na cidade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*