David Lariño

Lembra o mellor escritor galego vivo, ( segundo a opinión do Rivas , que engadía que as súas verbas ficaban escritas no vento ) cando nos últimos anos do franquismo chegou ao porto de Ribeira un mercante ruso: o Vassili Poliakov ( se a miña memoria non é mala ). E conta como o seu amigo Manolo Barros saiu correndo cara o barco, cunha caixa e un taboleiro de xadrez nas mans berrando “chess, chess”. Seica Manolo e o capitán do barco remataron empatados a un, pero no partido de fútbol entre o equipo local e os mariñeiros rusos a victoria foi para os galegos, a cal foi a portada do día seguinte no xornal: Ribeira 5 – Rusia 1.

Mañá, David Lariño, un rapazote galego de Esteiro, con só dezanove anos, pódese converter en Campión de España absoluto de xadrez. Supoño os nervos agora de Manolo Barros en Ribeira, o seu primeiro adestrador, cando David era un neniño ben pequerrecho.
Moita sorte.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

5 thoughts on “David Lariño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*