Nostalxia da aldea

É posible ter nostalxia do frío que humedece a cama e aterece as mans? das pegadas dos ratos no faiado? do estrume? da leña apañada no monte para poder quentar o caldo?
Os urbanitas estamos adoitos a unha aldea de mentira, a das casas rurais, con calefacción e auga da traída. Con baño nas habitacións.
Como a memoria é selectiva, só fican nela os cariños da familia visitada, as festas recorrentes da vendima e a matanza, a festa da patrona…
Agora, nin aldeas quedan. E as paisaxes da infancia, se algunha vez existiron, van desaparecendo como desaparece o puño (de Sam Spade) cando se estarrican os dedos.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Nostalxia da aldea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*