Premios María Casares

Estamos no Día Mundial do Teatro. Hoxe entregaranse os Premios María Casares. E horas antes estou expectante, con sentimentos encontrados, ás veces gaña o corazón e outras o cerebro, e recoñecendo que nalgunha categoría aledareime polo gañador pero lamentareime polos que non gañen, xa que este ano é de boa colleita.
Desexaría que dous premios foran para aqueles que xa loubei nun comentario anterior: Rebeca Montero e Víctor Mosqueira polas súas excelentes interpretacións de Noite de Reis.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Premios María Casares

  1. Vino grazas a vostede.
    Haberá que impugnar, pois. Nunca pensei en tal resultado, pero sempre se está a aprender. E iso que o papel de Marcos Orsi estaba feito que nin pintado para el, que estaba magnífico, pero para min o de Víctor estaba fora xa de todo eloxio imaxinable.
    De tódolos xeitos, estar entre os nominados xa é un premio do copón.
    Ao final ningún dos dous senón Ernesto Chao, que supoño tamén lle ía tocando.
    Mágoa que a retransmisión na TVG fora xustamente en horario cultural.

  2. O cronista da voz coa súa ironía incomprensible (ten que pasalo moi mal vendo teatro galego) impediume saber algo máis da ceremonia de entrega de premios. Pero alegreime moito de que Noite de Reis pola que amosei verdadeiro entusiasmo levara os premios principais. Sobre os actores e actrices, tal vez era demasiado conceder todos ao montaxe de Cadaval.
    O que me encantou foi o do programa de Max Estrella. Eu fago algunhas desas paradas cando vou a Madrid, especialmente á chocolatería de san Ginés e á praza de santa Ana, por motivos entre literarios (os poucos) e lúdicos (os máis).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*