Andie McDowell

Faloume un colega desta vella amiga común case de pasada, como quen non quere a cousa. Eu, que sempre procuro similitudes e fago comparanzas, chamábaa para min “Andie McDowell” por un certo ( probablemente algo lonxano) parecido coa actriz, aínda sendo ela oriunda de Ourense. Durante un tempo, haberá dez ou doce anos, cando os dous estabamos sós, no medio da tormenta – en terminoloxía de Waugh – pasamos bastantes horas xuntos. Pero non se prendeu lapa ningunha ( covarde eu), e agora – quince kilos máis pesado e con menos pelo e xa menos loiro – só podo cavilar naquelo que non foi e nunca será.
Lembro eu os bocadillos do Zascandil na Algalia de Abaixo, cando soaba esta canción que tamén me levaba a ela.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Andie McDowell

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*