Paulino

Paulino Vázquez é un amigo: persoa de conviccións propias – heterodoxas-, poeta culto, xadrecista entusiasta. Lembro con agarimo a miña primeira viaxe a Andalucía, ( Linares, Granada e Córdoba) guiados por Guillermo Domínguez e na compaña de Paulino, María José Varela e Xosé Luis Veiga Goy. Houbo un tempo que eu vía case tódalas noites no Atlántico a Paulino, que viña co Tristram Shandy baixo o brazo, entusiasmado que estaba daquela coa súa lectura ( anos despois descobrín eu pegadas de Sterne na excelente “Vida: modo de emprego” de Perec).
Hoxe pola tarde volvino ver nas rúas de Compostela. Ía ledo: vai volver ser pai en pouco tempo e xustamente hoxe estaba de aniversario.
Parabéns e moita felicidade, Paulino e familia.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Paulino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*