Nai orfa

Algunhas das máis sobranceiras lecturas que me ofreceron os blogs débollas a folerpa, en concreto cando fala de sentimentos. Varias das súas escritas amorosas emocionáronme. Tamén agora me suscitou emoción, aínda que de distinta cualidade, a súa última postaxe, na que entrevera dúas verbas que xuntas provocan calafríos: “nai orfa”. O pudor impídeme petar na porta do seu blog e dicirlle que por moi ben escrito que esté, non volverei reler o que alí describe, porque doe. Pero quero deixar eiquí constancia da fonda impresión que me causou.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Nai orfa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*