2007

Remata o 2007, e se as horas que faltan non me contradín, podería dicer que foi un ano bo: Na familia houbo unha alta e ningunha baixa; e dende alén mar anúncianos outra alta para o vindeiro curso. Tiven traballo e gardo ansias por facer e encetar novas aventuras. Non estaría mal que as cousas se repetisen de eiquí en 366 días.
Houbo sombras: dende Ourense as inquedanzas de saúde dun bo curmán, que segue a loitar. Desexo seguir vendo como medran os nenos, e mudan as árbores.

Outras cousas: Cine: o mellor que vin foi “Das leben der anderen”.
Teatro: Excelente: “Noite de Reis” do CDG.
Literatura: As obras que me quitaron horas de sono, porque non era capaz de as deixar sen rematar, procedían da autoría de Domingo Villar, Rubén Ruibal e Eduardo Blanco Amor.
Na que se xuntou máis pracer e ansia de coñecemento foi “Historias del Calcio”.
E a relectura máis gorentosa: Red Harvest.
Música: Espido, Marful, Nordestinas.

E eu non digo nada.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

4 thoughts on “2007

  1. Graciñas e igualmente, raposo.
    De 1280 almas teño a lembranza de seren un libro magnífico pero demoledor. Ao tempo da súa lectura, mediante préstamo do último gañador do Memorial Guilermo Domínguez, pensei que chegaba ao nivel de Raymond Chandler e por conseguinte un chisquiño máis baixo que Dashiell Hammett.
    De todos modos son calificacións puramente académicas: Nick Corey é un personaxe inesquecible. E Thompson é un dos máis grandes do xénero.
    Falando do xénero noir: Seica o padre de Enric González, o de Historias del Calcio, é González Ledesma, un dos mellores escritores en castelán: nunca lin nada del, téñolle gañas.

  2. :-O
    Diolopaje!

    Apúntome o resto das recomendacións. Díxenlle aí atrás na miña casa virtual que teño un agasallo en proxecto para vostede. Pero terá que ser, como pouco, para despois do verán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*