Plácido

No momento de escribir estas liñas poñen na 2 unha obra mestra do cine: “Plácido”.
Niso das listas escribir é errar, porque o que pensas agora pode ser distinto dentro de cinco minutos: Cavilo eu que de faceres unha lista das melllores películas do cine español sen dúbida terían que estar presentes nos outeiros a devandita “Plácido”, máis as do mesmo director “El verdugo” e “Bienvenido Mr. Marshall”. E non andaría moi lonxe a por min adorada “Atraco a las tres”. E das contemporáneas coronaríame ter ben arriba a “El año de las luces”.
Afortunadamente seguen hoxe vivos algúns dos actores que fixeron posible esas marabillas: Manuel Alexandre, José Luis López Vázquez, Elvira Quintillá, Amparo Soler Leal, que fora muller do productor de “Plácido”, Alfredo Matas.
E por suposto ao director Luis García Berlanga.

Ás veces penso que Jorge Manrique tiña razón, porque os tempos pasados, no cine, seica semelllan os mellores.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Plácido

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*