Árbitros españois

Pouco a pouco voume metendo a ollar o Mundial de fútbol. Vexo case íntegro o Alemania – Serbia ao tempo que leo unha entrevista a Bujadin Boskov. De árbitro no partido está Undiano Mallenco ( corónanme os apelidos dos árbitros españois, decote tan peculiares eles ), o mellor árbitro da liga española (aínda que non esquezo que non expulsara a Juanma por un agarrón a Núñez cando ía só cara a porta, mentres que pouco despois expulsaba rigorosamente a Pinto).
Pero Undiano non ten un bo día e expulsa de xeito inxusto a Klose, o que ao cabo será importantísimo para a derrota – inmerecida – dos tedescos.
Cal é o nivel da arbitraxe española? Se non fixamos nos mundiais de fútbol: penosa.
Lamo Castillo no España – 82 atracou aos soviéticos no Brasil – URSS; Sánchez Arminio volveu facer o mesmo outra vez aos soviéticos no Bélxica – URSS de México 86; López Nieto ten a dubidosa honra de batir o récord de tarxetas nun partido dos mundiais no Camerún-Alemania do 2002.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Árbitros españois

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*