Volta ao colexio

De novo principia o curso, e véñenme a cabeza varias reflexións tras deixar os nenos na escola:

a) A directora solicitou unha excedencia para se dedicar en exclusiva as súas novas responsabilidades políticas no Concello de Vigo. Polo ben da cidade desexo que o faga mellor como Concelleira que como directora, xa que nesto último foi un “desastre sin paliativos”.

b) Non entendo como os nenos de tres anos encetan a actividade un doce de setembro mentres os alumnos de Instituto ou Universidade teñen que agardar dúas ou tres semanas máis. Menudo país éste no que os cativiños van a clase moito máis que os adolescentes ou mesmo adultos.

c) Tampouco entendo porque se engade unha hora máis de clase neste mes e no vindeiro xuño. Paréceme excesiva estadía a que vai de 9 a 14 horas para rapaces tan pequerrechos. Deste xeito non se concilia a vida familiar e laboral senón simplemente converter a escola nunha gardería peremnemente adiada dos nenos que teñen pais moi atarefados.

d) Preocúpame a deixación de responsabilidades que os pais de agora estamos a facer, pretendendo que a escola realice o que nós lamentablemente esquecemos: respecto, civismo, modais, educación vial. Durante moito tempo a escola instruía e os pais educaban: Gostariame que non se perderan eses conceptos, porque se obrigamos aos mestres a substituir aos pais naquelo que nós non facemos, redundará en menos tempo de coñecementos para os nosos fillos.

e) En Compostela houbo trocos: Cesou no cargo un home intelixente e moi ben capacitado que fixo un traballo polo menos notable para o ben do país. Pero ese home debe ter unha permanente úlcera de estomago que lle fai ser – din os que o coñecen, non é o meu caso -, soberbio, déspota e malhumorado.
No seu canto anúnciánse novas persoas nas súas responsabilidades: A unha só a coñezo de vista, pero ten boa pinta; como da outra síntome amigo só adianto que me parece mesmo moito máis intelixente e máis capacitado que o cesado, e dende logo, cun excelente talante. Proba diso é o feito de ter aguantado durante moitos meses unha tertulia matutina semanal con dúas persoas máis ben sectarias – e un chisco maleducadas.
Desexo que lles vaia moi ben aos dous, aínda que pasen intres abafantes, xa que o seu éxito será tamén o éxito dos galegos. E que non estén de paso, senón para ficar moitos, moitos anos.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

5 thoughts on “Volta ao colexio

  1. Graciñas polo comentario que deixaches máis abaixo (pasouseme darchas antes). Coincidimos en moitas cousas: tampouco son entusiasta de Almódovar, nin moito menos, e coincido tamén en grande medida con este teu último post. O problema do ensino é estructural e nunca daremos co modelo ideal: menos mal que os mozos/as aguantan todos os experimentos…

  2. Despois dun par de meses de desconexión dixital por aquí ando de novo tocando o zoco…
    Eu tampouco entendín nunca o apartado b do teu comentario; misterios administrativos de difícil comprensión.
    En canto ó que dis dos pais, ese, xustamente ese (penso eu) é un aspecto crucial da educación.

  3. Coincido totalmente coas túas opinións no tema educativo. O mundo de hoxe en día é moi atarefado para todos, pero hai pais que consideran que todo se debe aprender na escola, e non é así. A educación hai que traela posta da casa.

  4. Coincido plenamente con vostede e con Jan nas reflexións sobre o asunto educativo. Como excusa para os pais que non exercen, penso que nestes tempos e neste mundo os que podemos quedar cos nenos na casa somos auténticos privilexiados. Así que moitas veces o non poder é máis forte que o non querere. ¡A hipoteca, o coche novo, a tele plana, as consolas e os caprichos todos afogan!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*