Gonzalo

Souben neste verán da morte de Gonzalo Areán, producida seica xa hai uns meses. Só teño boas lembranzas desta boa persoa, e quero deixar constancia escrita disto. Cando eu o coñecín sendo neno, na tenda de Gonzacoca en Lalín, el xa me parecía moi maior. Tivo algúns achaques severos de saúde que anticiparon a súa xubilación. Nunca o vin de mal humor, polo contrario, sempre traballaba canturrexando algunha melodía e levando o ritmo coas mans. Cóntabame o meu cuñado que nas últimas visitas que lle fixeron xa non lles recoñecía. A derradeira vez que eu o vin fora xustamente no funeral do pai do meu cuñado: contoume que se ben a morte dun pai era
triste para o que non hai alivio era para a morte dun fillo. Falaba por penosa experiencia propia, xa que o seu fillo Luis, que conseguira seguir – e adiantar – os seus pasos na música, morrera en accidente de coche algún tempo atrás.
Moitas veces neste verán pensei en Gonzalo. Que a terra lle sexa leve, porque o seu recordo, como o do seu compañeiro Titín, ficará en nos.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Gonzalo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*