Decálogo de boas prácticas no deporte III

Na preciosa película “Searching for Bobby Fischer” ficaba ben clara a opinión sobre un comportamento típico dos pais e nais de deportistas. Seguro que non coñecían o decálogo do Concello de Santiago.

Decálogo do pai e nai do deportista

1. Non obrigues ao teu fillo/a a practicar un deporte do que non goste. Lembra que os nenos e as nenas xogan para a súa diversión, non para a túa.

2. Non lles esixas máis do que poden dar nin os comparedes. Con iso só conseguiredes diminuír a súa autoestima.

3. Inculcade aos vosos fillos e fillas unha educación baseada no respecto aos principios éticos deportivos, faranos ser mellores persoas e mellores deportistas.

4. Tratádeos respectuosamente, é a manifestación do voso aprezo. Non mercadeedes coas súas calidades. O voso labor na competición pode ser animalos, pero non gritarlles nin darlles ordes.

5. Non proxectedes neles as vosas aspiracións insatisfeitas.

6. Respectade o traballo do adestrador e as súas decisións.

7. Nunca ridiculices o teu fillo/a por cometer erros ou porque perda un partido.

8. Sede os primeiros en respectar as decisións arbitrais, para que os vosos fillos e fillas as respecten.

9. Mostrádevos sempre correctos co voso porte e no voso vocabulario.

10. Lembra que o fin esencial do deporte é o de formar persoas. Que non te confundan as prácticas mal entendidas.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*