Opcións: poesía.

Na véspera do día das letras galegas deste ano, na “Crónica” da Radio Galega, o seu director Tino Santiago facía unha interesante entrevista ao xornalista, coordinador de Protexta, Xabier Cid. Interesante máis polas respostas ( epatantes, sorprendentes ) que polas preguntas. Ao cabo, e coñecendo as súas dotes adivinatorias, Cid respostou que apostaría que no vindeiro ano o Día das Letras Galegas estaría adicado a Díaz Castro: “o mellor poeta galego do século XX” segundo o propio Cid.
Díaz Castro é o autor dunha famosa e boa poesía, Penélope, pero non lembro moito máis del do que dicían os libros do bacharelato. A calificación absoluta de mellor poeta supoño que será tan discutible como lectores ten o noso idioma. Eu quedaríame antes con Manuel María ou Celso Emilio – recoñecendo que á poesía social pásalle como á comedía no cine: difícil de acadar premios – ao que hai que sumar as inevitabeis obras de menor calidade nunha poética tan grande como a de estes autores. Ou preferiría a Cunqueiro, pero a súa poesía ten a rémora de disputarse, e mesmo de entaboar coa súa escrita en prosa ( eiquí difiro de Rivadulla Corcón, que prefire netamente a súa poética).
Non sei se Xabier Cid acertará, como adoita. Por se acaso, arrisco eu dous nomes: Johán Carballeira, e sobre todo, Lois Pereiro, o meu favorito.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Opcións: poesía.

  1. Gústame moito esta dun compañeiro do teu equipo:

    “Flor de otoño, lejana primavera
    de pétalos rizados y rostro inmaculado,
    candoroso.

    Flor caduca, penumbra apaciguante
    dormida sobre un césped nocturno de suspiros
    y de estrellas.

    Flor desnuda, perdida candidez
    guardada entre las páginas lejanas de una vida
    que se va…” (A.C.)

    Sen embargo, a millor poesía para min é esta outra do inigualable Pelotías de Trebujena:

    “Pasaba tan buenos ratos
    echando pan a los patos,
    y cuánto más pan les echaba
    mejores ratos pasaba”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*