32 votos

32 votos: 32 persoas.
Menos das que caben na casa do alcalde en funcións de Ourense.
Con 32 votos máis Manoel Soto Ferreiro, o compañeiro Soto, sería o home máis poderoso de Vigo, de Galicia enteira. Con eses 32 votos Soto estaría preparando unha subhasta na que el sempre ía saír gañador. Os de Caballero terían un concelleiro menos e probablemente tamén unha alcaldía menos.
De seguro que agora Corina tería desexado que trinta e dous dos moitos votos que lle sobraron nas progresivas divisións da lei d’hondt tiveran escollido o camiño do mal chamado partido galeguista, do ben chamado partido do Soto.

Vista esta posibilidade repito a enigmática frase do ancián dictador ante o cadáver do seu asasinado Xefe de Goberno: “No hay mal que por bien no venga”.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “32 votos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*