Memoria


Somos memoria, máis nada. Estou lendo unha autobiografía excelente: a de Luis Buñuel. Nela, no primeiro capítulo, o director aragonés fai un pequeno ensaio sobre a memoria: o espíritu que nos conforma. Somos persoas porque temos lembranzas, e a memoria xustifica que poidamos ser premiados ou sancionados. Unha interesante película de Hal Hartley, Isabelle Huppert de protagonista, ía sobre a irracionalidade do castigo sobre un home amnésico.

Non teño grandes motivos para seres así, pero a miña tendencia natural é a da suave saudade. Lembro, aínda que o tempo pasado non foi mellor.

O pasado sábado, durante cinco minutos, tiven a ocasión de volver pisar a area da praia balear onde durante dous veráns consecutivos tiven o meu primeiro traballo. Daquela gobernaban Felipe González en Madrid e Fernández Albor en Compostela, e os billetes de avión valían máis daquela que hoxe.

A praia trocou: hai moita máis area, menos parasois, menos velomares. Daquela unha hora valía 325 pesetas para dúas persoas ( drai jundra esvai und suansig ain estiunde esvai personen), agora seis éuros. Desapareceu o Solarium e a cafetería ( Balneario 0 ).

Non me deu tempo para unhas bágoas, pero si para tirar unhas fotos. Exorcizado definitivamente sei que cando vaia por alí xa non terei que voltar.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Memoria

  1. Ehm… Lamento moito interromper este momento proustiano… odiaría ser a causa de que se lle atragante a madalena, co perigo engadido de que puidera non haber ninguén a man para facerlle a manobra de Heimlich, pero…
    ¿e a miña sobrasada? ¿eh? 😛

  2. O do cabelo non o tomarei como unha indirecta. Manifesto dende xa a miña absoluta incapacidade de decidirme por unha en detrimento da outra, sería facerlle un desprezo a un de eses dous magníficos alimentos, e non hai necesidade. Ademáis na miña casa aprendéronme a non ser escollido coa comida. Tráiame unha ensaisada ou unha sobraimada, que eu saberei agradecerllo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*