Todo un machote

Conta Michael Caine que cando compartía piso con Terence Stamp empezou a correr o rumor de que os dous eran amantes. Stamp indagou o nome dos maledicentes. Varias semanas despois chegou sorrinte á casa común. ¿Qué pasou? preguntoulle Caine. ¿Lembras aqueles tipos que dicían que somos maricas? Pois tireime ás noivas de todos. ¡ E agora que digan o que queiran!

Ese modo de resolver o presunto problema carece da sutileza galaica que tan ben representaba Pío Cabanillas Gallas e esplendidamente narraba Manuel Rivas: Cóntase que presidía a inauguración dun teleclub na zona do Salnés o ministro de información e turismo Fraga Iribarne acompañado polo seu secretario Cabanillas Gallas. Como era verán, facía calor e sobraba o tempo para o acto, decidiron dar un chapuzón nunha praia recoleta e ben agachada das proximidades. A falta de meybas o baño foi realizado en pelotas. Antes de saír da auga, os políticos viron espantados como chegaban ao deserto areal un autobús cheo de colexialas seguidas dunhas monxas. Don Manuel botou o sprint máis rápido da súa vida coas mans nas partes pudendas. O agudo Pío Cabanillas, ía detrás del aconsellándoo: “Tápate la cara, Manolo, tápate la cara.”

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

6 thoughts on “Todo un machote

  1. Manuel Rivas contou esta historia na inauguración dunha exposición sobre o desnudo nun museo madrileño, non lembro cal. A anécdota saltóu á prensa, e como non, aos poucos días Fraga, aínda presidente da Xunta, foi interrogado polos periodistas. Negouno categóricamente, presa de indignación.
    Aí foi cando me convencín de que a historia era certa.

  2. Benxa, graciñas pola puntualización e por contarmos por vez primeira esa sen dúbida verídica historia. Despois o propio Rivas pasouna ao papel escrito nas páxinas de El País. En todo caso, a historia non fala mal de ninguén e si ben de Cabanillas.

  3. Eu escoitáraa cun autobús de colexialas, pero supoño que sería xa deformación popular.
    Da primeira anécdota vou autocensurarme algúns comentarios. Só dicir que cando se dixo o mesmo do meu vello compañeiro de piso e máis eu fun ben menos expeditivo. Limiteime a responder: quen me dera, pero seica é completamente hetero. (E deixa que pensen, que digan que falen…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*