Comentario de texto

Padezo soños recorrentes nos que me notifican o suspenso na Selectividade por sacar un cero no exame de Física. De nada valen as miñas protestas aducindo que eu escollín a opción de letras e que por conseguinte non tiña porque me examinar de tan misteriosas materias.
Mágoa de que o tribunal examinador non se fixara con máis detalle nas miñas dotes de comentarista (de textos). Exemplo: El-Rei Juan Carlos sae dunha clínica (pública?, privada?, concertada?) en Barcelona, onde seica operárono cirúrxicamente. A nosa maxestade fala aos micrófonos:
“Tenemos que estar orgullosos de la sanidad pública que tenemos, tanto en Cataluña como en Madrid”
Este texto sacado dun xornal de recoñecido prestixio nacional, case de tanto prestixio como a nosa querida Voz de Galicia, supoñemos que reflictirá fielmente a realidade ( materia na que son expertos os dous xornais anteriomente citados ). O meu comentario plásmase en preguntas:
– ¿Só debemos estar orgullosos da sanidade pública catalana e madrileña?
– Madrid: ¿refírese á Villa y Corte ou tamén á comunidade das sete estrelas deseñada por Santiago Amón?
– Madrid: ¿Refírese S.M. a Madrid ou realmente estaba pensando en “España”? ¿Pensa D. Juan Carlos que cando chove en Madrid pódese dicir sen remorsos “chove en España”?
– Se estaba pensando en España, ¿pensa El-Rei que Cataluña non é exactamente España?

Podería dar a resposta ás preguntas de seguido, pero sen dúbida sería replicado coa típica escusa da “malinterpretación“.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*