Cálido, húmido e escuro.

Hoxe pola mañá botei unha risada escoitando a Manolo Bragado pedirlle á sociedade apoio para “esa actividade solitaria que proporciona pracer”.
Quico Cadaval ten contado moitas veces as sensacións que lle producía a muller coa que se deitou por vez primeira, cando ésta iniciaba tódalas noites o seu recorrente vicio solitario, manual, sistemático…
Nestes xogos de imaxes, verbas e soños andaba eu ao escoitar que a “Boca da Noite” é un lugar cálido, húmido e escuro.
E aínda que non son bo xuíz artístico, podo dicir e digo que a Boca da Noite é moito máis que iso: coa única ferramenta da palabra, usada con intelixencia, e co compango dunha excelente música, o tempo voa. E cada noite, a iso da unha da madrugada, durmo sendo un pouquiño máis listo e máis feliz.
Que dure moito, moito tempo, este sinxelo pero necesario programa na grella da nosa radio.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

7 thoughts on “Cálido, húmido e escuro.

  1. Esto recórdame un chiste, por certo bastante incorrecto politicamente :-D, dun blanco e un negro que entran nun ascensor: O Blanco exclama: ¡¡Negro, co pelo rizado, cos labios gordos e pestilente!!- O negro responde: Se é unha adivinanza… a cona, ¡e se non me cago en tu puta madre!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*