Aniversario e cabodano.

Hoxe cumpre cincoenta anos quen me ensinou xogar ao xadrez. O sábado que eu nacín el chegou de xogar ao fútbol no Colexio Fogar de San Roque e sorprendeuse de ver un bebé xunto a súa nai. Pensou que era dalgunha veciña. Como cambian os tempos, agora xa os nenos de tres anos saben de onde veñen os nenos.
E hoxe tamén hai vintecinco anos que morreu o seu padriño, o meu avó de Ervedelo. A súa morte levoume a infancia e meteume na adolescencia. Agora que os meus pais xa non poden, encárgome de vez en limpar unha lousa marmórea, mentres repito sempre unha frase de García Márquez: “a cal dos mortos”.
Cando peno en tribulacións penso qué faría o meu avó na mesma situación. E a súa lembranza aconséllame. E consólame.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Aniversario e cabodano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*