Oso Yogui


Algúns dos mellores ratos da infancia débollos ao Oso Yogui e ao seu colega Bubú. Quen nos dera eses debuxos, ou otros semellantes, na televisión actual. Hai uns días volvín saber de Yogui por mor do pasamento dun dos seus creadores.
Troco, aparentemente, de tema: Coñecín a Nicola Lococo en Donosti no ano 1993, cando estiven alí xogando o Torneo Internacional de xadrez. Falei máis de vagar con el en Salamanca en 1998 no medio da disputa do Campionato de España por equipos. El tiña moi boa relación co noso equipo, supoño que entre outras cousas porque debiamos ser o único club totalemente amateur dos que alí estabamos, e por conseguinte con moitos intereses alén dos meramente xadrecísticos. Sempre cun libro na man, o filósofo Nicola, con acenos de intelixente xesuítica, caeume sempre ben.
Entérome agora que a Fiscalía do Estado volve a se lucir pretendendo o procesamento de Nicola Lococo por falar en nome do Oso Yogui. Alucino. No caso, improbable, que Nicola lea isto, debe saber que ademáis da miña amizade ten a miña simpatía e solidariedade.
Xa mo dicía o meu xefe da Praia de Palma: “non se cuspe a barlovento“.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

6 thoughts on “Oso Yogui

  1. Eu tamén teño gratas lembranzas do yogui. E o da fiscalía eu víao vir desde que lin o artigo (porque este país e o do lado están compentindo nos campionatos segredos de surrealismo).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*