Zeca Afonso e Diamantino

Hoxe é 25 de abril.
Teño especial devoción polas historias de futbolistas. Onte, no xornal “El pais” podiamos ler as andanzas dun xogador para min descoñecido: Ezio Vendrame. Son míticas as lendas verso Garrincha. Unha canción estupenda de Jorge Ben: “Fio Maravilha” adícase a outro dianteiro. Ou as maledicencias que se contaban de Pahiño, o Pichichi co Celta que tiña a ousadía de ir as concentracións con libros: marmurábase que o viran con “Crimen e Castigo”.
Pero hoxe é 25 de abril.
Cando teñades a ocasión de asistir a algunha das actuacións de Carlos Blanco, pedídelle que conte a emocionante historia do futbolista Diamantino Miranda co Zeca Afonso.
Non vos arrependeredes.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

4 thoughts on “Zeca Afonso e Diamantino

  1. Eu cando fpi a revolución dos cravos so tiña un aniño, así que o que lembro dela é de despois. LEmbro na casa dos meus pais unha postal en cor, cun neno de pelo crecho, cunha camisola amarela, de pe e de puntiñas poñéndolle un cravo a un fusil, e como non Grándola Vila Morena, que eu cantaba superemocionada porque vía aos meus pais tamén emocionados ao cantala. Non entendería ata un pouco máis tarde o significado de todo. Pero penso que a vida é como un pequeno puzzle, con tempo e con paciencia para agardar todo vai toamndo un significado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*