Damnatio memoriae

Hoxe foi un día de lembranzas. Cúmprense vintecinco anos do que foi un grotesco vodevil. A única sensación que fica en min daquel día era a vergoña de sentir que vivía nun estado tercermundista.
Pero daquela época, exactamente dende finais de 1976 ata outubro de 1982, eu descubrín o valor ritual da palabra.
Nos medios de comunicación – quero dicir na “Primera Cadena” de Televisión Española, e por arte de maxia, os xornalistas deixaron de referirse ao dictador como “Francisco Franco” ou “El Generalísimo” ou “El Caudillo”, simplemente dicían: “El anterior Jefe del Estado”.
E para falar dos 39 anos anteriores dicían: “El régimen anterior”. Por suposto, esqueceuse rapidamente o de democracia orgánica e aínda non foron chegados os tempos de falar da dictadura.
Eran rechamantes as voltas que se daban para non expresar en público o nome de Franco.

Outro exemplo de damnatio memoriae, máis ortodoxo en canto supón a negación da existencia do individuo, sufriuno o que é sen dúbida o mellor xogador galego de xadrez na historia: Francisco José Pérez.

Francisco José Pérez naceu en Vigo o 8 de setembro de 1920. Foi campión de España en 1948, 1954 e 1960; e subcampión en 1949. Na época onde principiaba a despuntar Arturo Pomar, o noso heróe – xunto con Antonio Median e Román Torán – era o único rival serio do neno prodixio, do protagonista dos NoDos.
Pero Francisco José Pérez cometeu un pecado terrible que fixo que se deixara de falar de el, que non se estudiaran as súas partidas, que non aparecera nos rankigs de xogadores españois: Emigrou en 1962 á Cuba castrista, solicitou a nacionalidade cubana e representou a ese país nas seguintes Olimpiadas de Xadrez, gañando previamente o Torneo Zonal do Caribe de 1963.

Segundo me contou Amador Rodríguez, o galego Francisco José Pérez morreu na Habana o 11 de setembro de 1999, xa retirado dos taboleiros.

Remato: un curioso exemplo de damnatio memoriae , ao estilo estalinista, ten como protagonista a Foz e unha foto do grupo poético Brais Pinto. Haberá que solicitarlle que un día a escriba.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Damnatio memoriae

  1. Cool blog! Is your theme custom made or did you
    download it from somewhere? A design like yours with a
    few simple tweeks would really make my blog jump out.
    Please let me know where you got your design.

    Cheers

    My web blog air max pas cher

  2. I do not even understand how I ended up here, but I believed this put up was good.
    I don’t understand who you’re but certainly you are going to a famous blogger
    in case you aren’t already. Cheers!

    Review my web-site Replica Watches

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*