Na morte dunha amiga

María José era unha muller intelixente, sensible e, ao meu parecer, guapa. Tiña todas as posibilidades para ser unha moza feliz, ou cando menos, estar leda case todo o tempo. Porén, tiña un ollar triste e o seu comportamento amosaba un desvalimento e unha falta de enerxía que resultaba contradictorio coas súas potencialidades.

Ás veces falaba de si e na súa historia (intensa) descubrías a causa do seu carácter. Desgracias sucesivas en idades temperás, só amortiguadas pola presenza en idade xuvenil de dous fillos.

O pasado venres actualizou a súa foto de perfil do facebook. Estaba sorrindo, e polo que souben despois seica levaba unhas semanas contenta.

Como o seu pai, case a mesma idade ca el, durmiuse e non acordou.

Mala sorte para ela, pero tamén para nós, os que xa a achamos en falta, e que non temos argumentos para xustificar por qué é tan cruel a vida.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*