Reis Magos

Como non debín ser demasiado malo o ano pasado os Reis Magos deixáronme unha mochila, dous pixamas, unha bonita camisola de Vicky o Vikingo, catro camisas azuis (mágoa de non seres iguais as catro) e cinco libros: un sobre técnicas do meu traballo, outro de Eduardo Galeano lido hai tempo (Las venas abiertas de América Latina), o de John Carlin co recendo a cacahuetes de Graham Green, outro do meu matemático favorito: John Nunn; e o que máis ilusión me fixo: Memorias dun ninguén, de Carlos Mella.
Unha ollada rapidísima a este libro foi suficiente para subliñar un parágrafo:
“A clase dirixente galega, engaiolada por outra cultura que considera superior non loita por mellorar a súa, senón que fai dimisión dela e amósase proclive ao desleixo do galego. A dirixencia galega, que non foi quen a cumprir a súa obriga histórica, disimula, mediante a queixa, a súa incompetencia. Esta queixa, inaceptábel eticamente, inviábel politicamente, aínda segue a ter practicantes e aínda segue a ser un dos maiores atrancos para o soerguer da autoestima galega. (…)
Os galegos, con todos os atrancos que se queira, cumpriron a súa obriga de traer o feito galego dende os cavorcos da Idade Media ata a modernidade. En troques, a dirixencia non foi quen de cumprir a súa obriga histórica de converter esa existencia en presenza política. En identidade. E antes e agora tenta tapar o seu crime cometendo outro aínda maior: botándolle aos galegos a culpa do que eles non souberon facer nin querían facer. Aceptaron, sen avergoñasrse e por propia comenencia, o seu triste papel de cómitres.”

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

3 thoughts on “Reis Magos

  1. a) O PP vai ter moi difícil a alcaldía de Vigo se facemos caso o que se escoita na rúa. Se ata García Costas está anoxado! Pero estou farto de perder apostas cando se trata de política e do Celta.
    b) Non se debe idealizar,non,pero ás veces semella que os políticos galegos estánvarios corpos por debaixo dos seus concidadáns, cando por definición deberían estar a mesma altura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*