30 anos sen Celso Emilio

Las Acacias: colexio feminino do Opus Dei, hoxe ben felices porque o inefábel Jesús Vázquez – o aínda Conselleiro de Alberto Núñez-, tivo a ben regalarlles cartos de todos nós por non se sabe ben que méritos se os houber. Las Acacias, dicía, tiveron o seu aposentamento en instalacións sitas entre a rúa Taboada Leal e a avenida do Marqués de Alcedo. Aos poucos de eu iniciar a miña vida escolar, o colexio de nenas guapas e loiras trasladouse lonxe do medio da cidade ás beiras do límite do concello ( no camiño da Parrocha: xustiza divina) sabe Deus os mótivos.
Despois, naquel solar do Castro estivo de xeito provisional o Mercado do Progreso mentres non se culminaba o adefesio propio, e cando os guindastres apareceron aínda houbo espazo verde suficiente para permitir a colocación dun busto pétreo do maior poeta galego, chegado directamente do despacho da alcaldía do compañeiro Soto.

Cúmprese o cabodano de Celso Emilio Ferreiro Miguez (procurador dos tribunais como Manuel María) e non hai nova algunha de conmemoración. Non era de agardar, por outra banda, que por parte de quen máis nos representa, tiveran o ánimo de o facer, pero tamén semella que os outros – todos nos – esquecemos ben cedo aos poetas maiores.

Pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto,
mais o lume que alampea,
mais o lume que alampea,
xamais o veredes morto.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “30 anos sen Celso Emilio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*