Primperan

Son perito en Dalsy, Junifen e Apiretal. Sei a posoloxía correcta dependendo do peso do doente. Na nevera agardan o seu turno, dende hai meses, supositorios de paracetamol. E aínda, de cando en vez, teño que subirme á banqueta na procura do Primperan.
Grande xarope o Primperan, do que debín tomar eu ducias de litros cando neno. O outro día, cando o rapaz maior me pillou lambendo o culler que segundos antes contiña a dose de xarope que lle dera a el, tiven que confesar a miña adicción á pescuda dos sabores da nenez. Pero o sabor metálico actual, non desagradable, non me levou a lembranza algunha.
Daquela estaba de moda a desaparecida e agradable aspirina infantil, (de cor rosa), e miña nai obrigábame a tragar un líquido infame que levaba de nome aceite de fígado de bacallau. Pero o meu preferido, a ambrosía celestial, non era outra cousa que o Calcio 20, a cousa máis rica ( de beber) que eu tomei na vida.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

2 thoughts on “Primperan

  1. A min inxectáronme iso unha vez, por unha vulgar gastroenterite, á voz de: “un poquito de primperam y un suero rapidito, y ya verás que bien”. Foi horrible. Tiven unha reacción pouco frecuente chamada acatisia, que consiste nunha inquedanza insoportable e indescriptible, que non lle desexo a ninguén. Eu, que a miña receta para a gastroenterite (e para o insomnio, e para a resaca, e para o ardor de estómago) é xaxún e aquarius.

  2. É moito mellor en xarope, e cando te acostumas non sabe mal. Como moitas das miñas náusean eran de orixe nerviosa débolle ao Primperan moitas horas de tranquilidade.
    Raíña, fago notar a túa displicencia coa menciña: “A min inxectáronme ISO unha vez”. Ese “iso” foi escrito cun aceno de noxo, non me estrana vendo as consecuencias.
    O aquarius está moi ben para o que dis, pero é unha bebida aburrida ( estrano calificativo, pero paréceme o máis acaído).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*