Final da Copa do Rei

Os celtistas – e menos eu – non esquecemos que hoxe hai oito anos o Celta perdeu a final da Copa do Rei contra o Zaragoza.
Seguindo unha penosa tradición, os equipos vigueses que chegan á final da Copa de España perden os encontros contra os rivais que vesten de branco: R. Madrid, Sevilla e Zaragoza (por dúas veces).
Lembro que hai oito anos ía calor. Eu pola mañá estivera nunha cerimonia relixiosa amenizada por un cuarteto de corda da Real Fhilarmonía (excelentes), e á hora do partido aínda estabamos no restaurante no que se celebraba a enchenta posterior á voda.
O noso amigo B. non puido ir porque preferiu estar embarcado na Cutty Sark.
Non valeu de nada o gol de Mostovoi… mágoa, aquel Celta fica para sempre na memoria pero camparíalle ben un trofeíño nas vitrinas.

ComparteShare on TumblrTweet about this on TwitterShare on Google+Share on FacebookEmail this to someone

One thought on “Final da Copa do Rei

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*